Armin Dyalane

O Señor Armin Dyalane é un cabaleiro, o último dunha póla menor nunha familia nobre da provincia de Flünen. Coñecido polas súas inclinacións académicas e seu temperamento afable, Armin é un señor bastante ben querido polas xentes locais, máis polo feito de que lles deixa máis ou menos ó seu aire ca polas súas cualidades persoais.

Home de mediana idade con algunhas canas asomando no seu longo cabelo escuro e a súa barba curta e ben coidada, seus ollos escuros conservan aínda a agudeza e vitalidade dun home novo. Aínda que xa non é tan forte nen tan áxil coma de novo, conserva boa parte do vigor dun home máis novo.

Normalmente viste prendas de boa calidade pero non extravagantemente luxosas, con preferencia por tons discretos pero profundos de azul e verde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *