Besbe

Besbe (De “besbello”) é un pícaro da rúa de sexo indeterminado e uns 10 anos. 

Vive nunha casa abandonada na zona máis pobre do Barrio do Peirao xunto cun número indeterminado doutros rapaces. Mantéñense á marxe dos criminais e mendigos, que en xeral trátanos mal e abusan deles por ser orfos que non teñen quen os defenda. 

Besbe é escorregadizo, áxil e esperto, pero está bastante mal alimentado e non moi aló de saúde. En xeral semella ter bastante medo ós personaxes pero unha vez teña tempo de parar a pensalo, decátase de que son case a única xente que non lle fixo mal (Un brazo retorto aparte, que tampouco é nada entre colegas).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *