Liupold Harn

Liupold Harn, sacerdote de Fímbul en Flümad e vello amigo do señor Armin Dyalane.

Liupold, un sacerdote de rango intermedio na xerarquía local, é por outra banda moi reputado entre os académicos e estudosos, e non pouco coñecido entre exploradores e saqueadores de ruinas, debido ós seus amplos coñecementos sobre linguas mortas, inscricións, símbolos e códigos usados por antigos imperios.

Estes estudos máis “frívolos” son consentidos dentro do sacerdocio porque gracias ó extenso saber de Liupold en asuntos de leis sucesorias e xenealoxías, varias familias da nobreza menor están en débeda co templo local por aclarar varios asuntos posiblemente comprometedores.

Liupold é un home alto, fraco, de faccións marcadas e nariz pronunciado, coa barba e o cabelo brancos e os ollos claros. En público soe vestir coas roupas gris escuro do clero de Fímbul e porta un sinxelo bastón de camiñante (Pero é coñecemento común que os bastóns dos sacerdotes de Fímbul non sempre son o que semella de primeiras).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *