Rakate

Rakate, unha das tenentes do Plata Isbrand. Reputada loitadora, participou nas guerras de bandas da última década, subindo postos na Seta e o Anel a base de ser máis dura e brutal ca calquera rival. Ten sona de ser extremadamente leal a Isbrand, de quen é amiga persoal. A pesares do seu aspecto e reputación, obviamente ten sentido do humor e non pouca capacidade diplomática cando quere.
Tamén ten sona de ter un colar feito de falanxes dos dedos gordos de xente que lle ofendeu, molestou ou tentou matar. Por como fala dela Adalbern, o colar debe de ser de varias voltas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *