O Cribas

O Cribas é un dos mendigos do Estaleiro. Aínda que adoece dunha coxeira, froito dun accidente cun carro cando era noviño, esaxéraa moito cando “traballa”. Xovial, un algo falangueiro, o Cribas atópase cómodo na comunidade do Estaleiro aínda que sabe que non é a mellor vida posible.

Despois da resolución maiormente pacífica do secuestro de Liupold, e da súa propia supervivencia, o seu respecto polos PJs está a acadar niveis de idolatría, especialmente cando lle conseguiron un traballo no Segredeiro. Así e todo, o Cribas segue a ter unha forte lealdade cara ós seus compañeiros, e preocúpalle a situación do Estaleiro en xeral, e específicamente con respecto ós Platas e ós Máscaras Pálidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *