4.2.1 As Runas

Unha vez sería peculiar, pero aceptable. Pero van tres. Tres non entra nen de lonxe no reino do normal.

A habitación que comparten Gwennyfar e Adalbern é sinxela, pero coma todo o Segredeiro ten un aire que sen ser acolledor si da sensación de seguridade. Un bo lugar para o descubrimento en confianza. Gwennyfar preparou as runas axeitadamente, pediulle a Adalbern que repetise a súa pregunta sobre as visións do Gwaed Y Brenin, e lanzou os anacos de pedra, óso e madeira coas runas gravadas. Todas caeron cara abaixo. Non, non todas. Ó ir recoller a NUL, a runa sen símbolo, a pedra en branco, Gwennyfar decatouse de que esta era a única que caera cara arriba. Aínda que a simple vista é case imposible distinguilo, a leve concavidade baixo os seus dedos era inconfundible.

NUL. A nada. O Baleiro. Non hai resposta. Ben as runas non queren responder á pregunta de Adalbern… Ou ben non poden. O ritual é moi claro. Se a resposta é Nul, a pregunta poderase repetir. A comunicación entre o universo e as runas non sempre é perfecta.
O problema é que o segundo lanzamento das runas da o mesmo resultado. NUL. E o terceiro.
E ó chegar ó cuarto…

Ó chegar ó cuarto non é NUL a única runa cara arribe. Ou mellor dito, non é unha NUL. Hai tres pedras brancas cara arriba. Nen Gwennyfar nen Adalbern precisan tocalas para saber que o están.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *