Dona Îdrán

Îdrán é unha mercader de teas de Flümad, amiga de Liupold e estudosa afeccionada do Imperio Élfico.
Îdrán procede dunha familia humilde do Norte de Feuerreich, na fronteira con Aderabam. A súa actual posición económica desafogada procede do seu esforzo e a súa teimosía, as mesmas cualidades que lle axudaron na súa busca de coñecemento antigo. 

É unha muller de trato directo, e con pouca tendencia ós rodeos. Aínda que tende a manter certa reserva, a mención do seu tema favorito fai que se amose moito máis aberta. A súa posesión máis prezada probablemente sexa un prendedor de xenuina procedencia élfica. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *