As Pedras de Conversa

As Pedras de Conversa

Descrición: Estas pedras, pequenas dabondo para sostelas fácilmente no puño pechado, están coidadosamente talladas en forma da cabeza dun réptil coroado de prumas. A pedra é de cor clara, co tacto liso e a sensación densa dunha pedra volcánica, coma se fose basalto branco en lugar de escuro. As dúas pedras son prácticamente idénticas, a única diferencia sendo un símbolo pictográfico lixeiramente distinto na base de cada unha.


Comentario de Liupold: “Ah, a manufactura destas pequenas marabillas é claramente datlana. Xa sabedes, Datla? O continente occidental? O caso é que estas pedras semellan ter a capacidade de transmitir mensaxes curtas entre elas. Supoño que os nosos… Amigos usábanas para coordina-las súas operacións cos seus líderes mentres estes permanecían a salvo na súa gorida.”

Funcionamento: As pedras de conversa están talladas de maneira recoñecible coma unha parella. Mentres unha criatura toca unha destas pedras pode lanza-lo conxuro de “Mensaxe” O obxectivo é sempre o portador da outra pedra. Se a outra pedra non está en posesión de ninguén, o usuario sábeo en canto tenta usa-la pedra. 
Unha vez que se usan, non se poden volver activar ata o seguinte mencer. Se unha das pedras é destruída, a outra perde a súa maxia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *