Vara Inamovible

Vara Inamovible

Descrición: Este obxecto duns 30cm de longo está tallado en xade verde pálido, nun estilo exótico, que os nosos heroes comezan a recoñecer coma relacionado cos Máscaras Pálidas. Nun dos seus extremos hai unha especie de botón sobresaínte que se pode pulsar.


Comentario de Liupold: “Oh ho ho ho. Había ben anos que non vía algo así, e dende logo nunca feito en pedra. Na miña mocidade atopei un destes, pero estaba feito completamente de metal. Onde foi que o perdín…? Ah, a miña memoria comeza a ter seus problemas. O caso é que estas Varas Inamovibles son unhas ferramentas máxicas do máis curioso. Cando se activan, ancóranse no lugar contra case calquera forza que se exerza sobre delas. Se non lembro mal foron creadas por primeira vez coma un experimento, unha curiosidade, por magos do Imperio Élfico que de principio non se decataron das súas múltiples aplicacións prácticas. Por suposto iso cambiou en canto chegaron a mans dos humanos…”

Funcionamento: Podes gasta-la túa Acción para pulsa-lo botón no extremo da vara, o cal fíxaa máxicamente no seu sitio. 
Ata que alguén gasta de novo a súa Acción para pulsa-lo botón, a vara non se move aínda que estea a desafia-la gravidade. A vara pode soster ata 4000 kilos de peso. Se se supera esta cantidade, a vara desactívase e cae se non está sostida sobre unha superficie sólida. Unha criatura pode gasta-la súa Acción para facer unha tirada de Forza Dif30, movendo a vara ata 3 metros se a supera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *