Cetro Solar

Cetro Solar

Descrición: Unha vara duns 60cm de longo e do grosor dun dedo índice, feita dunha aleación, de cobre a xulgar pola pátina que a recobre en certas partes, e decorada con seccións retortas. Está rematada nunha “coroa” formada por tres lazos do mesmo material que a engrosan un pouco no extremo.


Comentario de Liupold: “Semella que os nosos amiguiños dracónicos estaban ben equipados, ou tiñan os dedos moi longos. Nos meus tempos só a xente de moi boa posición podía facerse cun destes. Unha ferramenta extremadamente útil, que usa maxia de Evocación para iluminar as tebras.”

Funcionamento: Ó golpear o extremo desta vara de 60cm de longo contra unha superficie dura, comeza a emitir luz nun radio equivalente ó dunha antorcha durante unha hora. Golpeala outra vez extingue a luz, pero en calquera caso non se pode activar máis dunha vez por día (Entre amencer e amencer). Non emite calor nen fume, nen consume osíxeno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *